O compañeiro e socio da cooperativa Jerónimo enviounos esta crónica sobre o obradoiro de elaboración de cervexa que se celebrou o pasado mes de novembro en Uxes gracias á tamén socia e amiga Marta.

Obradoiro de fabricación de cervexa (12 de novembro de 2016)

O punto de encontro para a realización do obradoiro era a casa da Estación de Uxes, ás 11 da mañá do domingo 12 de novembro. A maioría fixemos unha visita turística previa á estación-restaurante (que por certo ten moi boa pinta), pensando que ese era o lugar, e alí amablemente o dono indicábanos que a casa estaba enfronte.IMAG0965.jpg

Marta, a profe, tíñanos preparado un café e entretivémonos un pouco coa charla típica, ata que xa nos fomos sentando. O equipo xa estaba montado, e consistía nunhas potas (barrís de cervexa de aceiro inoxidable reciclados) e uns fogóns de paella, montados nunha trama de andel de aluminio (a metade de camiño entre a profesionalidade e o enxebre).

Antes de comezar, Marta deunos unha primeira explicación sobre a cervexa: a súa historia, os seus compoñentes principais, a diversidade segundo as distintas culturas e como se foi evolucionando na industria a unha tipoloxía “mainstream” que é a que todos tomamos pero que non é a única posible. A irrupción das microcervexerías rompeu ese pensamento único e agora pódense atopar tipos de cervexa moi distintos feitos con moi diferentes cereais e adicións.

Ler máis...

Apalpadorleandro

Durante todo o ano, e especialmente en datas sinaladas como as festas navideñas, os cidadáns e cidadás lánzanse ás rúas a comprar, atendendo ás mensaxes lanzadas por unhas campañas publicitarias que comezan con máis dun mes de antelación do inicio das festas.

Pero este consumismo sen sentido promueve un modelo insostenible ambiental e socialmente. Ambientalmente porque si o modelo de consumo dos países do norte estendésese por todo o mundo, serían necesarios 3 planetas (coas súas materias primas, fontes energéticas...) para atender a demanda. E socialmente porque só un 12% da xente que vive en Norteamérica e Europa occidental é responsable do 60% dese consumo, mentres que os que viven no sueste asiático ou no África subsahariana representan só un 3,2%.

Por iso Ecologistas en Acción quere propoñer unha serie de alternativas para celebrar estas festas dun modo máis sostenible, sen esquecer que a mensaxe principal que a asociación ecologista quere poñer de manifesto é que é imprescindible unha redución no consumo si quérese poñer freo ao deterioro ambiental e social.

Alimentación máis ecolóxica e saudable

Cando cada ano increméntase o número de persoas desnutridas en catro millóns (segundo a FAO), nestas datas tíranse ata un 40% dos alimentos producidos, debido a descartes por esixencias estéticas do mercado, os fallos na distribución de tan grandes volumes, etcétera. Por iso é importante ter en conta os seguintes consellos:

  • Preparar a comida que se vaia a consumir, e gardar a que sobre para outra ocasión.
  • Recuperar a cociña tradicional, e coidar a alimentación evitando o comesto lixo ou precocinada, que implica máis envasado e consumo de enerxía.
  • Consumir produtos frescos e de tempada ou menos elaborados. Resultan máis ecolóxicos, máis sabrosos e máis saudables.
  • Consumir produtos que se produciron o máis localmente posible.
  • Non consumir algúns alimentos intrínsecamente ligados ao Nadal, como os langostinos, porque están sendo criados en moitos casos nos humedales costeros tropicais, producindo graves danos para as economías locais e para a biodiversidade.

Disminución dos residuos

Os envases e embalajes son un problema serio para o medio ambiente. Un 40% do lixo doméstico son residuos orgánicos, do resto, un 80% constitúeno envases. Esta porcentaxe crece sen cesar e dispárase en Nadal.
Para fabricalos destrúense recursos naturais, contamínase a auga e a atmosfera. Tanto na súa fabricación como na súa reciclaje consúmense grandes cantidades de enerxía e cando se converten en residuos teñen un notable impacto ambiental, tanto si deposítanse en vertederos como, sobre todo, si se incineran.
Mentres que o resto do ano cada persoa xera un quilo e medio de lixos ao día (fai 30 anos non se chegaba nin a medio quilo), nestas datas son dous quilos; e a metade son envoltorios e embalajes.

Mais consellos

https://experienciasfeministas.files.wordpress.com/2016/11/cartel_version_redes_online-01.jpg?w=648

O próximo sábado celébrase a primeira edición de Laborando, Feira de Proxectos de Vida Feministas que, con máis de 60 expositoras e máis dunha decena de obradoiros de balde, está chamada a ser a maior feira de proxectos da perspectiva feminista, de igualdade de xénero e contra as violencias machistas da Galiza. O obxectivo principal é, co gallo do 25N, Día Internacional contra as violencias machistas, enfrentar un tipo de violencia a miúdo invisible: a económica.

O evento, que será o próximo 26 de novembro no mercado de San Agostiño da Coruña, está organizado polo colectivo Experiencias Feministas, amadriñado pola Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, e conta coa colaboración do Concello e Concellería de Igualdade e Diversidade, da Área de Igualdade da Deputación da Coruña, da Asociación Galega de Artesáns e a Livraria Suévia.

Haberá un programa contínuo das 11:00 ás 22:00 con exposición de proxectos, obradoiros, espazo literario, galería de artístas, proxeccións, e mais sorpresas.

Esta é unha grade oportunidade para coñecer ideas e alternativas laborais, sociais e de crecemento persoal cara a construcción dunha sociedade mais dinámica e igualitaria. Se tes interés no tema ou simple curiosidade non dubides en achegarte o sábado á feira.

Programa Laborando

cartazxornada

O modelo económico dominante non ten solucionado os graves problemas aos que nos enfrontamos, senón que máis ben os ten agravado. Trátase dun modelo económico baseado na maximización do beneficio, a acumulación de capital e incrementando as desigualdades a nivel social, como a nivel ambiental, xerando a sobreexplotación dos recursos naturais e poñendo en grave perigo a sustentabilidade do planeta. Diante das limitacións deste modelo, xurden modelos alternativos como a Economía Social, a Economía Solidaria, a Economía do Ben Común, a Economía Colaborativa, etc..

Poden ser estas novas economías unha alternativa real ao modelo dominante? Cal é a realidade empresarial destes modelos? Que papel podan xogar no emprego e nas condicións laborais das persoas? Qué entidades forman parte? Cales son os seus principios reguladores? Existen casos exitosos que podan servir de exemplo?. Na Xornada: “Oportunidades de emprego a través da Economía Social e as Novas Economías” organizado por UGACOTA, este venres 16 de Decembro, no centro cívico dos Mallos  tratarase de reflexionar en común arredor destas cuestións e coñecer casos reais que contribúan a difundir boas prácticas.

Podes consultar o programa e inscribirte no seminario na seguinte ligazón: http://seminario.ugacota.coop/

cartazencontrotransicionbetanzos

 

 A asociación Véspera de Nada  apoiada pola Red de Transición e outros colectivos afíns organiza o Encontro de Iniciativas de Decrecemento e Transición  en Betanzos que comezará o sábado 29 de outubro pola mañá e finalizará o luns 31 pola tarde , no que se agarda participarán iniciativas e persoas tanto do Estado español como de Portugal.

Pódese consultar o programa na seguinte ligazón:

https://transiciondecrecimiento2016.wordpress.com/programa/

 

zocarede

Rede Galega de consumo responsábel