Secale cerale (científico), Centeno (castellano), Rye (english).

Substancias: hidratos de carbono (40%), proteínas (6,8%), fibras, graxa (1,2%), vitaminas B1, B2 e niacina, potasio, fósforo, calcio, magnesio, ferro, cobre, manganeso, selenio, ácido fítico, inhibidores das proteasas, ácidos fenólicos, fitoesterois, precursores de lignanos.

Propiedades: bo para o corazón, as arterias, a diabete e o sistema nervioso. Evita o estrinximento crónico, a diverticulose intestinal, mellora o síndrome do intestino irritábel e prevén as pedras na vesícula biliar e o cancro de colon e recto. O seu grande contido en fibras reduce os estróxenos circulantes e contribúe a previr o cancro de mama.

Aproveitamento: en auténticos pans integrais, en copos.

Riscos: ten gluten, non debe incluírse na dieta das bebés, as persoas con hipertensión deben comer pan integral sen sal.


zocarede

Rede Galega de consumo responsábel