Citrus x sinensis, Citrus x aurantium (científico), Naranja (castellano), Orange (english).

Substancias: hidratos de carbono (9%), proteínas (0,8%), graxas (0,2%), fibra (2,3%), vitaminas A, C, ácido fólico, vitamina B9, potasio, calcio, ácido citríco, carotenoides, flavonoides, ácidos fenólicos, terpenos amargos, cumarinas; as vermellas (variedade sanguina) teñen antocianinas.

Propiedades: aumenta a resistencia aos trastornos infecciosos, como a gripe e o arrefriado, protexe fronte ao cancro e axuda a regular o colesterol. Destaca o seu contido en aceites esenciais terpénicos e o flavonoide hesperidina, que aumenta a eficacia da vitamina C. Contén máis de 60 flavonoides con efectos antioxidantes, anticanceríxenos e antitrombóticos. Protexe de enfermidades cardiovasculares: anxina de peito, infarto de miocardio, trombose e infartos cerebrais. A vitamina C, os flavonoides e a pectina reducen o colesterol e evitan a oxidación do colesterol “malo”; o potasio e a vitamina C axudan a baixar a tensión arterial, o ácido fólico baixa a homocisteína do sangue. Potencia o sistema inmunolóxico do organismo: aumenta os glóbulos brancos, aumenta o interferón (unha substancia antiviral do organismo), etc. A vitamina C potenciase polos flavonoides e outros antioxidantes da laranxa e todos protexen ao pulmón dos contaminantes atmosféricos oxidantes (fume de tabaco, ozono, óxidos de nitróxenos). A vitamina C ten certo efecto antihistamínico. A pectina axuda a eliminar o chumbo e outros metais pesados do intestino.

Aproveitamento: mellor a froita enterira; usar laranxas vermellas (sanguinas) polas súas antocianinas; convén tomar o zume recén feito; unha ou dúas laranxas ao día son suficientes para conseguir moitos dos seus efectos benéficos; escoller sempre laranxas ecolóxicas, as convencionais están enceradas con funxicidas e teñen menos nutrintes.

Mitos: non é a froita con máis vitamina C; non só é boa pola mañá; é falso que combine mal co leite.

Riscos: erosiona os dentes se se toma moita, é mellor tomar o zume con palliña.


zocarede

Rede Galega de consumo responsábel