Manzana (castellano), Apple (english).

Substancias: proteínas (0,3%), hidratos de carbono (11,8%), graxa (0,4%), fibra (2,3%), vitamina C, potasio, flavonoides, ácidos orgánicos.

Propiedades: boa parte dos seus beneficios débense ao seu contido en quercetina, substancia antioxidante e antiinflamatoria; menor risco de padecer cancho de pulmón; podería previr tumores de colon e de pel. A pectina é unha fibra vexetal solúbel en auga. No intestino exerce importantes funcións: favorece o tránsito intestinal e evita o estrinximento, secuestra ácidos biliares e reduce o colesterol do sangue, retrasando o paso da glucosa ao sangue co que mantén o azucre en sangue. A pectina ten a facultade de atrapar tóxicos importantes e acumulativos como son os metais pesados (chumbo, mercurio). Os fitoquímicos interesantes da mazá están na polpa e na pel, especialmente esta. Prevén enfermidades cardiovasculares. A cantidade de potasio en relación co sodio confírelle un poder diurético que favorece o descenso da tensión arterial. A súa riqueza en taninos confire á mazá un certo poder astrinxente e antidiarreico. É válido para a mazá enteira, mais non para os zumes, especialmente os zumes industriais. Polo seu contido en potasio, mais tamén en boro, pode favorecer a incoporación do calcio e magnesio aos ósos prevendo a osteoporose. O lixeiro efecto antimicrobiano das mazás e o seu zume débese quizais á quercetina e a outros flavonoides, que no colon se combinan coas propiedades antisépticas do ácido málico e do resto de ácidos orgánicos.

Aproveitamento: unha ou dúas mazás ao día son suficientes para obter case todos os efectos apuntados. Aínda que é preferíbel comela crúa, tamén asada ou cocida aprovéitanse moitos dos seus compoñentes. A pel e o que está inmediatamente por debaixo son ricos en quercetina e outros fotoquímicos anticanceríxenos. Se son ecolóxicas pódense consumir con toda a pel. Hai que escollelas macizas e sen golpes escuros.

Riscos: evitar que as crianzas tomen moito zume, danse casos de diarreas. 


zocarede

Rede Galega de consumo responsábel