Valor nutricional:
- boa fonte de vitamina E, e de vitaminas do grupo B
- boa fonte de minerais coma o magnesio, potasio, fósforo, ferro, zinc, selenio, manganeso.
- boa fonte de ácidos grasos Omega-3
- ricas en antioxidantes
- boa fonte de proteínas (24%) e rico en arginina (presente en tódolos froitos secos)
Beneficios terapéuticos:
- mellora o perfil lipídico (aumenta o colesterol bo e diminue o malo)
- a arginina é precursora de ácido nítrico, que actúa como vasorelaxador e por tanto é recomendable en casos de: anxina de peito, insuficiencia cardíaca, hipertensión,...
- alimento cardiosaudable por excelencia, e tamén protector de procesos neurodexenerativos coma a enfermidade do Alzheimer e outras demencias.
Aproveitamento: a cantidade ideal son unhas 6 ou 8 noces ao día. Ideais para o almorzo, media mañán ou merenda, misturadas con iogur ou en macedonias de froitas, por exemplo.
Riscos: a arginina está contraindicada en infeccións por herpes. As persoas con obesidade poden limitar outros alimentos con graxas non tan saudables e así poder consumir noces, que tamén é un alimento moi calórico, pero moito máis saudable.