p { margin-bottom: 0.21cm; }

Obténse moendo moi fino as sementes de sésamo tostadas, e misturándoas con auga ata obter a consistencia desexada.


Valor nutricional:

  • moi rico en ácidos graxos poliinsaturados.
  • moi rico en lecitina
  • moi boa fonte de calcio e outros minerais coma ferro, magnesio e fósforo
  • contén vitamina B1, B2 e E
  • alto contido en proteínas, con alto contido nos aminoácidos metionina e triptófano
  • contén ácido fítico, fitoesterois, e moita fibra.


Beneficios terapéuticos:

  • indicado en osteoporose, ten boa proporción de calcio e fósforo
  • bo para o corazón e as arterias, xa que axuda a baixalo coloesterol e a regula-la tensión
  • rico en sustancias antioxidantes


Aproveitamento: para facer cremas ou aderezos (añadindolle allo, perexil, sal e limón), ou directamente en tostas, ou como base do humus, etc.



zocarede

Rede Galega de consumo responsábel