Solanum melongena (científico), Berenjena (castellano), Eggplant (english).

Substancias: proteínas (1,2%), hidratos de carbono (2,5%), fibra (1,4%), vitaminas, potasio, magnesio, monoterpenos, ácidos fenólicos, fitosteroles.

Propiedades: rica en fitoquímicos; estimula a bile e outros xugos dixestivos e é lixeiramente laxante; algúns dos seus fitoquímicos reducen as LDL ou colesterol “malo”; os monoterpenos teñen propiedades antioxidantes e poden acelerar o metabolismo dos estróxenos previndo o cancro de mama e outros tumores estroxenodependentes; é diurética; investígase a capacidade dos seus terpenos para evitar a aparición de certos tipos de cancro; moi beneficiosa para o corazón debido á abundancia en potasio, que axuda a normalizar a presión arterial; favorece o tránsito intestinal; indicada para persoas con trastornos no ril e con presión arterial alta xa que favorece a eliminación de líquidos.

Aproveitamento: comela ben madura, cocida ou asada; mellor preparalas ao forno cunha pequena cantidade de aceite, xa que absorben demasiada graxa; teñen que ser firmes, pesadas e cor brillante; para reducir o amargor hai que engadirlle sal e antes de cociñala retirala pasándoa pola billa.

Non é certo: a solanina non se destrúe coa cocción.

Riscos: a madura case non leva solanina; as follas son tóxicas e non deben empregarse.

 

 

 


zocarede

Rede Galega de consumo responsábel