Cichorium intybus (científico), Achicoria (castellano), Chicory (english).

Substancias: proteínas (1%), hidratos de carbono (2%), fibra (1%), vitaminas A, C, ácido fólico, potasio, magnesio, cinc, principios amargos, flavonoides.

Propiedades: rica en betacaroteno e principios amargos; o ácido chicorésico ten un efecto diurético, estimulante de produción de bile.

Aproveitamento: crúa en ensalada.

Cucumis sativus (científico), Pepino (castellano), Cucumber (english).

Substancias: potasio, fitoesterois (están na pel), cucurbitacinas (amargas) e monoterpenos.

Propiedades: pouco nutritivo, aínda que refrescante; diurético; saudábel para o corazón grazas aos esterois, concentrados maiormente na pel e que demostraron a súa eficacia para reducir o colesterol; efectos depurativos, dietéticos e calmantes.

Aproveitamento: en ensalada, gazpachos ou zumes, se é de cultivo ecolóxico, pódese consumir coa pel. Escoller os cogombros máis ben pequenos, moi firmes e ben verdes (sen tons marelos). Non se conserva máis de unha semana no frigorífico.

Mitos: é falso que o cogombro protexa ou rexuveneza a pel en uso externo.

Riscos: as substancias amargas fan ao cogombro algo indixesto.

 

Cichorium intybus (científico), Escarola (castellano), Endive (english).

Substancias: hidratos de carbono (3%), proteínas (1,5%), graxa (0,3%), fibra (1,6%), ácido fólico, potasio, calcio, magnesio, cinc, carotenoides, flavonoides e principios amargos.

Propiedades: boa para previr enfermidades cardiovasculares polos seus carotenoides e flavonoides (antioxidantes), así como polo potasio (axuda a baixar a presión arterial) e o ácido fólico (reduce a homocisteína que dana as arterias). Os seus principios amargos fana indicada para estimular a secreción de bile e previr cálculos biliares. A luteína e a zeaxantina axudan a previr a DMAE da retina (dexeneración macular senil asociada á idade). Axuda a manter a densidade ósea e a previr a osteoporose polo elevado contido en calcio, potasio e magnesio. A riqueza en ácido fólico favorece os embarazos sans e a saúde do sistema nervioso do recén nado. Recoméndase a persoas con problemas dixestivos.

Aproveitamento: crúa en ensalada. As escarolas de inverno son as máis axeitadas para todos os gustos.

 

Seta (castellano), Mushroom (english).

Substancias: proteínas (2-3%), hidratos de carbono (3-5%), fibra (2-3%), vitaminas do grupo B (B2, niacina, ácido fólico), vitamina D, potasio, fósforo, ferro, cinc, cobre, metais pesados, hidracina.

Propiedades: nutritivamente non presentan grandes propiedades, agás polo ácido fólico. Contén fitoquímicos que bloquean a aromatasa, unha enzima que inhibe o paso de andróxenos a estróxenos e poderían previr ou ralentizar o desenvolvemento do cancro de mama. Algúns cogomelos presentan substancias potencialmente canceríxenas.

Aproveitamento: consumir cogomelos cultivados ou con garantías, en cantidades moderadas e non de forma continuada.

Mitos: pensar que as cogomelos comestíbeis non presentan riscos de toxicidade.

Riscos: moitos cogomelos comestíbeis teñen substancias tóxicas naturais como a xiromitrina, proteínas tóxicas, hidracinas canceríxenas cuxos riscos a longo prazo para o ser humano seguen en estudo, así como as súas posíbeis virtudes mediciñais.

 

Grelo (castellano), Turnip green (english).

Substancias: proteínas (2,7%), fibra (3,9%), vitaminas A, C, E, B6 e ácido fólico, calcio, potasio, magnesio, ferro, cinc, glucosinolatos, flavonoides.

Propiedades: é a hortaliza máis rica en calcio (máis que a espinaca e a acelga) e riquísima en ácido fólico e vitamina A e C. Están moi indicados para previr as enfermidades cardiovasculares por arterioesclerose polas súas vitaminas antioxidantes; o ácido fólico e a vitamina B6 reducen os niveis de homocisteína en sangue; os seus carotenos e o ácido fólico preveñen cancros de órganos con mucosa. Conteñen glucosinolatos que se transforman en fitoquímicos que contribúen a previr diferentes tipos de cancro. Axudan a previr a densidade ósea xa que teñen máis calcio que fósforo e doses altas de potasio e magnesio, o cal reduce o risco de osteoporose no longo prazo.

Aproveitamento: cocidos ou crus en ensalada (se son tenros). O betacaroteno asimílase mellor cocido mais as vitaminas C e o ácido fólico destrúense coa cocción.

Riscos: conteñen substancias bocióxenas; non consumilos moito durante semanas.

 

zocarede

Rede Galega de consumo responsábel