Ingredientes:

- 1 vaso de millo miúdo por 2 de auga
- 2 cenouras
- 150 g de xudías verdes
- pemento vermello asado
- 4 culleres de chícharos
- 4 culleres de millo
- tofunesa

Elaboración:

Ferver a auga, botar o millo miúdo cun pouco sal e ferver 20 minutos a pouco lume sen destapar. Deixar repousar 10 minutos, botar nunha fonte, estender e deixar enfriar. Escaldar as cenouras e xudías en bastante auga fervendo durante 5 minutos.

Engadir á fonte todas as verduras, botar a tofunesa e decorar con tiras de pemento.


zocarede

Rede Galega de consumo responsábel