Ingredientes:

- 250 g de shiitake e boletus
- 4 ceboliñas
- 4 dentes de allo
- 1/2 vaso de viño de oporto
- sal mariña sen refinar
- aceite de oliva virxe extra
- pementa negra
- 2 culleres de améndoa

Elaboración:

Pór a remollo 30 minutos os cogomelos (shiitake e boletus) en auga morna. Coar os cogomelos e secalos. Colocalos nunha tixola sen aceite para que evapore o resto da auga. Sofreir a cebola e o allo, engadir os cogomelos e máis tarde o oporto. Engadir sal e pementa ao gusto.Torrar a améndoa e engadir antes de apagar o lume. Triturar e gardar o recipiente na neveira.


zocarede

Rede Galega de consumo responsábel