Ingredientes:

- 250gr de tempeh, arrefriado e picado tras 20 minutos de cocción cun anaco de alga Kombu
- Un anaco de alga Kombu
- 1 1/4 de cunca de pan raiado ou faragullas de pan seco
- unha culler de zume de limón
- unha culleiriña de pemento da Vera
- sal mariño

Para a salsa:

- 1/4 de cunca de aceite
- 1/4 de cunca de cebola picada fina
- 1/3 de cunca de fariña de espelta integral
- unha cunca de leite de soia
- sal mariño

Elaboración:

Para facer a salsa, salteamos a cebola no aceite e cando estea brandiña espolvoreamos coa fariña. Revolvemos e deixamos ferver 2 ou 3 minutos, evitando que se formen grumos. Sen deixar de remover engadimos o leite e o sal, mantendo todo no lume ata que espese. Deixamos arrefriar.

Cocemos o tempeh xunto cun anaco de alga Kombu durante 20 minutos, o arrefriamos e o picamos. Mesturamos o tempeh co pan raiado, o zume de limón, o pemento da Vera e lle botamos  un chisco de sal.

Mesturamos este conxunto coa salsa e fórmanse as croquetas. Seguidamente pásanse pola fariña, frítense en aceite e escorréganse en papel absorbente.


zocarede

Rede Galega de consumo responsábel