Ingredientes:

- 1 taza grande de millo miúdo
- 1/2 litro de leite vexetal (arroz, soia, almendras, ...)
- froitas da estación en anaquiños
- 2 culleres de uvas pasas
- 4 ou 5 culleres de sirope de ágave
- un anaco de tona de limón
- vainilla
- canela en pó
- froitas para decorar

Elaboración:

Cocer o millo miúdo con 2,5-3 partes de auga e un chisco de sal durante 20-25 minutos e deixar repousar 10 minutos. Quentar o leite coa tona do limón. Cando empece a ferver bótase o millo miúdo, as froitas, o sirope de ágave e as pasas. Cocer durante 5 minutos, apagamos o lume e botamos a vainilla e a canela. Mestúrase ben e se bota nunha budinera untada con sirope de ágave. Sérvese frío e decorado con froitas.


zocarede

Rede Galega de consumo responsábel