Ingredientes:

- azukis
- cabaza
- alga kombu
- cebola
- allo
- xenxibre
- loureiro
- sal
- aceite virxe de primeira presión en frío

Elaboración:

Lavar os azukis e deixalos a remollo toda a noite cun trociño de alga kombu.

Cócense os azukis xunto co kombu, cebolla, cabaza, loureiro, un anaco pequeno de xenxibre e sal, durante unhas 2 horas. Ao fin da cocción engádese un chorriño de aceite virxe de primeira presión en frío.

Ingredientes:

- 250 g de lentellas vermellas
- metade dunha coliflor
- 1 cebola cortada a cadradiños
- 1 anaquiño de apio
- zume dun limón
- 1 culler de agar-agar
- 1 culler de ceboliño fresco picado
- aceite virxe
- mollo de soia
- sal

Elaboración:

Cócense as lentellas vermellas. Logo nunha pota pásase a cebola cun pouco aceite e sal. Engádense as lentellas cocidas, o apio, auga suficiente para que sobrepase 1 dedo por riba da mistura e un pouco de sal.

Fever ca pota tapada durante 20 minutos a lume suave. Remexer de cando en vez.

En medio vaso de auga ou caldo quente desfaise o agar-agar ata que se disolva. Apáganse as lentellas e engádese un pouco de mollo de soia para axustar o sal. otar o limón e o agar-agar e pasar pola batidora.

Verter nun molde e deixar enfriar ata que xelifique.

Meter na neveira, pero mellor sacalo 15 minutos antes de comer para que colla temperatura ambiente. Pódese presentar desmoldado e decorado con ceboliño.

Ingredientes:

- agar-agar
- froita en anacos
- zume ecolóxico de mazá, melocotón ou uva (ao gusto)

Elaboración:

Nunha pota poñemos a cocer o litro de zume cunha culler grande de agar-agar. Déixase ferver uns minutos ata que o agar-agar disólvese ben, engadimos a froita e deixámolo cocer todo uns minutiños máis. Máis tarde bótase nunha fonte e déixase xelificar, antes de meter a enfriar na neveira.

Outra opción de presentación é, unha vez apagado o lume, batilo ca batidora e vertelo en flaneiras ou vasos. Unha vez que enfrie, desmóldase e tómase coma flan de froitas.

As máis larpeiras poden engadirlle un pouco de xarope de agave ou de mazá por riba.

Ingredientes:

- metade dun vaso de sémola de millo integral (polenta)
- 1 litro de zume de mazá ecolóxico
- pasas ecolóxicas
- 1 culler grande de agar-agar
- 2 o 3 culleriñas de azucre de cana integral o 1 culler grande de xarope de ágave
- una culleriña de extracto de vainilla
- raiadura de limón
- metade dun kilo de amorodos partidos á metade

Elaboración:

Ferver o zume de mazá  xunto coas pasas, a vainilla, a raiadura de limón, o azucre e o agar-agar, ata que éste se disolva ben. Despois vertemos a sémola de millo paseniñamente, remexendo continuamente e férvese 5 minutos máis. Vértese nun molde e colócanse os amorodos por riba.

Pódese engadir améndoa moída por riba tamén.

Deixalo enfriar ata que solidifique e meter na neveira.

É aconsellable sacalo da neveira uns 15 minutos antes de consomer.

Ingredientes (para 4 persoas):

- 250 g de quinoa
- 3 dentes de allo
- 3 cebolas
- 2 cenouras
- 3 cabaciñas
- 2 porros
- 1 pemento
- cogumelos
- algas
- sal mariña ou sal de herbas

Elaboración:

Saltear nun pouco de aceite de oliva as verduras picadas, despois engadir a quinoa ou o trigo sarraceno e dobre cantidade de auga quente. Sazonar e engadir unha pequena cantidade de alga espagueti de mar ou wakame.

Cocer durante uns 20-25 minutos (vese que a quinoa está no seu punto cando se desprenden uns ariños pequenos que rodean a semente).

Páxina 3 de 4
zocarede

Rede Galega de consumo responsábel